Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xunta e Ministerio discrepan no acordo de paro da actividade de Alcoa San Cibrao

Xunta e Ministerio discrepan no acordo de paro da actividade de Alcoa San Cibrao

Só concordan na necesidade e desexo de que a factoría de aluminio reactive a súa actividade antes dos dous anos previstos.

Primeira xuntanza da comisión de seguimento do acordo de Alcoa en Santiago.

G24.gal 30/12/2021 14:40

Primeira reunión da comisión de seguimento do acordo de Alcoa. A comisión de seguimento nace co obxectivo de controlar e vixiar que Alcoa cumpra cos compromisos que acaba de adquirir a cambio de paralizar a produción da factoría de San Cibrao durante dous anos, como solicitaba e reclamaba a compañía estadounidense.

Esa primeira reunión celebrouse aquí no hostal dos Reis Católicos, no Parador de Santiago. Nesa reunión estiveron, de xeito telemático, os representantes dos traballadores. Para eles hoxe non é un día de celebracións, insisten en que non é unha boa saída, pero consideran que é a solución menos mala.

Tamén nesa comisión está representado o ministerio de Industria. Desde aquí, desde Santiago, a ministra Reyes Maroto aseguraba que o acordo non lle gusta pero considera, tamén, que é a solución menos mala.

A ministra critica que a Xunta se poña, dixo literalmente, de perfil e non asuma responsabilidades na crise de Alcoa. Por parte a administración galega tamén hai tensión co ministerio. Francisco Conde di que non hai nada que celebrar e critica que o goberno de Pedro Sánchez non logre un prezo xusto para a enerxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade