Cargando resultados...
Xura de bandeira para a poboación civil en Ourense
Xura de bandeira para a poboación civil en Ourense
Preto de 300 persoas participan no acto conmemorativo do Rexemento Zamora 8
G24.gal
23/09/2023 20:39
Última actualización 23/09/2023 21:09
Preto de 300 ourensáns xuraron bandeira esta tarde nun acto organizado polo Ministerio de Defensa para a poboación civil.
Celebrouse na praza da biblioteca pública, ao pé do arquivo histórico provincial, un espazo actualmente dedicado á cultura e onde se instalou hai 80 anos o Rexemento Zamora 8, no que moitos ourensáns fixeron o servizo militar.
A xura de bandeira é un dos actos conmemorativos daquel rexemento que estivo vinculado á cidade de Ourense durante catro décadas.