Publicador de contidos
Publicador de contidos

XXI edición do Arde Lucus, castrexos e romanos toman as rúas de Lugo

XXI edición do Arde Lucus, castrexos e romanos toman as rúas de Lugo

11 campamentos e 400 actividades para unhas festas que mañá rematan coas Tanxugueiras 11/06/2022 15:00 Última actualización 11/06/2022 15:33

O Arde Lucus volveu con todo o esplendor que tiña antes da pandemia. Dende o xoves e tras dous anos sen poder celebrarse, romanos e castrexos volveron tomar as rúas de Lugo reivindicando o pasado da cidade, nunha festa de interese turístico autonómico e nacional.  

Leva máis de vinte edicións reunindo milleiros de persoas que participan nunha recreación histórica na que os veciños son os protagonistas.

Ofrécense unhas 400 actividades e esta tarde haberá bautizos e vodas celtas. Un concerto de Tanxugueiras pechará mañá as festas deste ano.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar