Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yolanda Díaz comprométese a reformar o catálogo de enfermidades profesionais do mar

Yolanda Díaz comprométese a reformar o catálogo de enfermidades profesionais do mar

Sumar reúnese con colectivos do sector do mar en Vilagarcía

Díaz e Lois fan un chamamento aos galegos para que participen na manifestación contra a xestión dos granulados plásticos

G24.gal 20/01/2024 14:49 Última actualización 20/01/2024 16:24

A líder de Sumar e vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, acompañou a candidata da súa formación á presidencia da Xunta, Marta Lois, nunha xuntanza con colectivos de mariñeiros e mariscadoras, en Vilagarcía. Díaz comprométese a reformar o catálogo de enfermidades profesionais do sector do mar.

As dúas coincidiron na necesidade de reformar tamén a regulación do cesamento de actividade. Subliñaron que durante o ano pasado as mariscadoras da ría de Noia só puideron traballar trece días.

Díaz e Lois fixeron un chamamento aos galegos para que participen na manifestación convocada mañá domingo en Santiago, por colectivos ecoloxistas baixo o lema "En defensa do noso mar" e contra a xestión dos granulados plásticos.

"As traballadoras e traballadores do mar queren traballar, non queren axudas. Entre as propostas que levamos en Sumar Galicia, unha delas ten que ver coa reforma do que é o código das enfermidades profesionais, para adaptalas ao sector. En segundo lugar, tamén queremos reformar o que ten que ver co sistema de cesamento de actividade, porque nestes momentos hai un número moi importante de días onde non poden saír ao mar", explicou a candidata á presidencia da Xunta, Marta Lois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade