Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yolanda Díaz pon o foco na discriminación retributiva e na falta de paridade no fútbol profesional

Yolanda Díaz pon o foco na discriminación retributiva e na falta de paridade no fútbol profesional

A vicepresidenta segunda en funcións recibe representantes de Futpro, o sindicato maioritario do fútbol feminino

G24.gal 28/08/2023 14:34

En plena tormenta polo escándalo de Luis Rubiales, Yolanda Díaz reuniuse coa presidenta do sindicato maioritario do fútbol feminino. A ministra de Traballo en funcións quere afondar nas condicións laborais das xogadoras e buscar medidas para garantir que feitos como da final do Mundial sexan debidamente sancionados.

A vicepresidenta segunda compartiu co sindicato as medidas de igualdade salarial e paridade nas que traballa o Ministerio. "Despregamos dúas actuacións dende a Inspección de Traballo. A primeira ten que ver coas diferenzas retributivas que existan no mundo do deporte, e a segunda ten que ver cos plan de igualdade que deben existir nos entes dos que estamos falando".

Díaz tamén se vai reunir esta tarde con representantes da Asociación de Futbolistas Españois e cunha delegación da Liga de Fútbol Feminino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade