Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yolanda Díaz queda na executiva de Sumar, que este xoves debate o seu futuro

Yolanda Díaz queda na executiva de Sumar, que este xoves debate o seu futuro

Podemos non se ve no novo proxecto que saia de entre as formacións que integran Sumar

O presidente Pedro Sánchez defínea como "un dos principais activos do Goberno" 

Yolanda Díaz matiza as súas palabras e afirma agora que vai manter o liderado de Sumar

G24.gal 12/06/2024 14:44 Última actualización 12/06/2024 15:08

Yolanda Díaz matízase a si mesma. Despois de renunciar a liderar Sumar, agora explica que non marcha, que queda integrando a estrutura orgánica do partido. Díaz recibiu o apoio do presidente Sánchez, que a define como un dos principais activos do Goberno.

Tras os malos resultados electorais do domingo, Yolanda Díaz anunciou que renunciaba a liderar Sumar. Explicou que marchaba da dirección de Sumar para non prexudicar o Goberno.

O presidente Pedro Sánchez defínea como "un dos principais activos do Goberno" e segue contando con ela na Moncloa. Outra cousa é a formación Sumar. Díaz aclarou que segue formando parte da executiva de Sumar.

No novo Sumar haberá cambios, pero Podemos non se ve polo de agora dentro. E o novo líder de Izquierda Unida, Antonio Maillo, di que Sumar é un "proxecto superado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade