Yolanda Díaz reta a Núñez Feijóo a debater sobre a reforma laboral
Yolanda Díaz reta a Núñez Feijóo a debater sobre a reforma laboral
Sumar propón crear unha "herdanza universal" de 20.000 euros para toda a mocidade ao cumprir 18 anos
A vicepresidenta segunda do Goberno asegura que vai seguir subindo o Salario Mínimo Interprofesional.
Yolanda Díaz propón dar 20.000 euros á poboación que cumpra 18 anos para que poida emprender ou formarse.
Nun acto de Sumar en Toledo, a vicepresidenta segunda do Goberno e Ministra de Traballo comprometeuse a crear unha "herdanza universal" para toda a mocidade.
Dixo que se trata dunha medida para que a xuventude teña oportunidade de emprender o seu proxecto vital, indepedentemente de cal sexa a súa familia.
No mesmo acto, Yolanda Díaz convocou a cidadanía a mobilizarse o 23 de xullo a favor da suba do salario mínimo, que dixo vai continuar medrando, e da reforma laboral.
Ao tempo, Díaz pediulle a Núñez Feijoo que debata con ela sobre o modelo de reforma laboral que quere o partido popular.