Yolanda Díaz tomará "con carácter inmediato" a decisión sobre a súa candidatura ás eleccións xerais
Yolanda Díaz tomará "con carácter inmediato" a decisión sobre a súa candidatura ás eleccións xerais
A vicepresidenta segunda do Goberno dará a coñecer a decisión nos vindeiros días
Díaz celebrou este domingo o seu primeiro acto de escoita en Andalucía dentro do proxecto Sumar
A vicepresidenta segunda do Goberno celebrou este domingo o seu primeiro acto de escoita en Andalucía dentro do proxecto Sumar, do que é a impulsora.
En Sevilla, Yolanda Díaz anunciou que nestes días próximos, "con carácter inmediato", vai tomar unha das decisións que cualificou "das máis importantes" da súa vida.
A ministra de Traballo manifestou que con esa decisión espera contribuír a España e dar "esperanza" á cidadanía, en relación cun posible anuncio da súa candidatura ás próximas eleccións xerais.
"Nestes días vou tomar unha das decisións máis importantes da miña vida, quero dicilo aquí en Sevilla, en Andalucía, vouno facer con carácter inmediato. Vou tomar unha decisión que espero sirva para contribuír ao meu país, para dar esperanza á xente e para dicirlles aos que o están a pasar mal, que non poden facer a compra ou non poden pagar a hipoteca hoxe porque cos tipos de interese duplicouse a súa cota hipotecaria, que é posible mellorar a vida, así que nestes días dareivos esta noticia", dixo.