Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prezado (CiMUS): "O Centro de Protonterapia favorecerá que se desenvolvan novas técnicas contra o cancro"

Prezado (CiMUS): "O Centro de Protonterapia favorecerá que se desenvolvan novas técnicas contra o cancro"

O CiMUS incorpora a protonterapia ás súas liñas de investigación da man desta científica galega, todo un referente na materia en Francia

Comezou a construción en Compostela do primeiro centro de galego de terapia de protóns, financiado pola Fundación Amancio Ortega

G24.gal 13/04/2024 14:10 Última actualización 13/04/2024 19:16

O primeiro centro de protonterapia de Galicia prevese que estea operativo en Compostela no ano 2026. Está financiado pola Fundación Amancio Ortega, ao igual que outros dez que se instalarán noutras comunidades autónomas, uns centros que segundo os expertos suporán un antes e un despois no tratamento de tumores.

"É un feito moi importante sobre todo para os pacientes e para as familias porque van poder optar a un tratamento que nalgúns casos é o máis beneficioso, sen ter que tomar a decisión de vou tratarme doutra maneira ou teño que saír fóra de Galicia, con todo o que implica en determinados casos como é sobre todo en nenos. A miña opinión é que vai catalizar toda unha comunidade de investigadores arredor desta infraestrutura e vai favorecer moito o desenvolvemento de novas técnicas contra o cancro, por suposto", asegura Yolanda Prezado, investigadora do CiMUS.

Yolanda Prezado é unha científica galega, e todo un referente en Francia nesta materia, que regresou a Galicia para impulsar no CiMUS, un centro de investigación da Universidade de Santiago, a incorporación da protonterapia ás súas liñas de investigación. 

"Temos a posibilidade en España de converter o país nun referente internacional porque, cos trece centros que vai haber en total, será o quinto país do mundo que vai ter máis liñas de protón por habitante. Isto dá lugar á posibilidade de facer moitísima investigación e de situar o país nunha pole position neste campo", engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade