Yulenmis Aguilar, fóra da final en xavelina no seu debut con España
Yulenmis Aguilar, fóra da final en xavelina no seu debut con España
A atleta de orixe cubana asentada en Oleiros aspiraba a medalla
Yulenmis Aguilar, que aspiraba a unha medalla nos Europeos de Roma, quedou eliminada na rolda de clasificación de lanzamento de xavelina na súa primeira competición internacional con España.
A atleta española de orixe cubana comezou o seu concurso lanzando 54,89 metros, ao que lle seguiu outro de 57,25. O terceiro, coa presión de chegar aos 60,50 que se pedían como mínimo para a clasificación directa, foi nulo e eses 57,25 non a valeron para pasar por marca ao ser a décimo terceira de todas as participantes cando só pasaban doce. A mellor na rolda de clasificación foi a norueguesa Marie-Therese Obst con 61,45 metros e o corte estivo coa letoa Anete Sietina, con 57,71, coa duodécima marca.
Yulenmis Aguilar recibiu o pasado 10 de abril a nacionalidade española por carta de natureza e o 28 de maio recibiu a autorización oficial de World Athletics para competir con España.
A atleta de orixe cubana asentouse en Oleiros (A Coruña) cun permiso de traballo e empezou a adestrarse co veterano Raimundo Fernández. Con el perfeccionou a técnica e volveu competir tras un 2020 en branco debido ás lesións e unha depresión.