Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interceptan un taxista en Oleiros que deu positivo en cocaína e que antes fuxira de dous controis

Interceptan un taxista en Oleiros que deu positivo en cocaína e que antes fuxira de dous controis

Pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria especialmente penado cando se trata de condutores profesionais

G24.gal 26/09/2024 14:00

Un taxista foi interceptado en Perillo, preto das dependencias do subsector de Tráfico da Garda Civil. Xa fuxira previamente de dous controis de tráfico establecidos na localidade de Sada.

Finalmente, prendérono en Perillo, logo de estacionar o seu taxi (malia que non estaba a realizar un servizo) e tratar de fuxir a pé.

Foi grazas á intervención dun Garda Civil que estaba fóra de servizo que, ao velo, foi atrás del e conseguiu prendelo.

Realizáronlle as probas de drogas e deu positivo, de xeito preliminar, en cocaína. Xa pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade con cargos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade