Publicador de contidos
Publicador de contidos

Zelenski centra a atención no cumio do G-7, que o apoia sen reservas

Zelenski centra a atención no cumio do G-7, que o apoia sen reservas

O presidente de Ucraína participa no debate cos líderes sobre apoio militar e unhas eventuais negociacións de paz

O outro referente é a China e a pretensión de acabar coa dependencia excesiva do xigante asiático no eido económico

G24.gal 20/05/2023 14:09 Última actualización 20/05/2023 15:15

Zelenski chegaba este sábado a Hiroshima nun avión do Goberno francés procedente de Arabia Saudita e decontado os focos internacionais centráronse na súa presenza aquí.

Anunciouse e logo desmentiuse que viñera ao cumio do G-7 por motivos de seguridade, pero finalmente recibirá en persoa o apoio sen fisuras fronte á invasión de Putin.

Este venres, o G-7 xa se comprometía con novas sancións a Rusia e os Estados Unidos desvelaban que adestrarán pilotos ucraínos en avións de combate F-16.

A previsión era que a China centrase a atención este sábado. O obxectivo principal é mellorar as infraestruturas industriais estratéxicas para frear a dependencia do xigante asiático. Por exemplo, no referido ás cadeas de subministración de materiais industriais críticos como os semicondutores.

O venres xa se adiantaba un acordo para evitar que calquera Estado utilice a coerción económica para perseguir obxectivos políticos.

A letra oficial do cumio di que se busca unha cooperación económica equilibrada coa China. Ao mesmo tempo tentan frear as súas supostas prácticas maliciosas no ámbito dixital, a espionaxe industrial e tamén os investimentos que poidan reforzar o seu Exército fronte a Taiwán.

Ademais, o G-7 anunciaba hoxe o compromiso común para fortalecer o sistema financeiro tras os problemas de Credit Suisse e de varios bancos rexionais estadounidenses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade