Zubimendi tira co muro de Dinamarca
Zubimendi tira co muro de Dinamarca
A selección española logra unha sufrida vitoria e colle o primeiro posto no seu grupo da Liga das Nacións
A selección española derrotou a Dinamarca por 1-0 na terceira xornada da Liga das Nacións, un resultado que lle permite superar o seu rival e colocarse como líder con 7 puntos -Dinamarca ten 6-. Ata o minuto 80 non se moveu o marcador. Foi Zubimendi, cun lanzamento desde a frontal da área, que petou nun defensa e comeu Schmeichel, o que acadou o gol da vitoria.
🚀 Mar𝙋𝙞𝙣𝙩𝙭𝙤 de Martintxo
— Teledeporte (@teledeporte) October 12, 2024
Zubimendi sale al rescate de España cazando una volea desde fuera del área. #SeleccionRTVE
➡️ https://t.co/EV7PY6QyVU pic.twitter.com/GY2abbXHqD
Moito antes tiña que ter chegado o gol de España. Fabián Ruiz, Morata e Lamine Yamal puideron mover o marcador no primeiro tempo pero non estiveron atinados. Na segunda parte intensificouse o dominio e seguiron chegando as ocasións pero sen o acerto do gol. O gol de Zubimendi tivo a súa dose de suspense porque o colexiado tardou tres minutos en conceder validez ao tanto por unha posición dubidosa dun dianteiro no momento do remate do xogador da Real Sociedade. Dinamarca xa non tivo capacidade de reacción e estivo máis preto o segundo gol español que o do empate.