Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno aproba a lei que elimina diferenzas entre comunidades no acceso á sanidade pública e os copagos

O Goberno aproba a lei que elimina diferenzas entre comunidades no acceso á sanidade pública e os copagos

A nova norma busca garantir a homoxeneidade entre comunidades e prioriza o modelo de xestión directa dos servizos sanitarias e sociosanitarios

Tamén pon fin aos copagos do transporte sanitario non urxente e dos produtos ortoprotésicos para os colectivos vulnerables

G24.gal 14/06/2022 10:03 Última actualización 14/06/2022 16:16

O Consello de Ministros aprobou este martes o proxecto de lei de equidade, universalidade e cohesión do Sistema Nacional de Saúde que blinda o acceso universal á sanidade pública, dá prioridade ao modelo de xestión directa dos servizos sanitarias e sociosanitarios e elimina os copagos.

A norma pon fin aos copagos do transporte sanitario non urxente e dos produtos ortoprotésicos para os colectivos vulnerables, o que vai supoñer a gratuidade para seis millóns de persoas.

 Segundo detallou en rolda de prensa a ministra de Sanidade, Carolina  Darias, unha das medidas máis importantes do Anteproxecto é "blindar" a sanidade pública.

O Anteproxecto tamén ten como obxectivo "establecer a eliminación dos  copagos sanitarios", especialmente en transporte sanitario non urxente. E tamén amplía a excepción do copagamento  ortoprotésico aos colectivos máis vulnerables, as persoas que perciben o ingreso mínimo vital (IMV), pensionistas con rendas máis baixas, menores con discapacidade recoñecida e a persoas de rendas baixas con fillo a cargo. Son uns 6 millóns de persoas.

En canto á universalidade, o Goberno pretende garantir o dereito á atención sanitaria de todos os cidadáns, independentemente da súa orixe. Amplía o dereito a  persoas de orixe española que viven no exterior durante os seus desprazamentos ao territorio español e os seus familiares e aos ascendentes de nacionalidade extracomunitaria  reagrupados polos seus fillos con nacionalidade española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar