A ONU aproba a resolución para establecer pausas humanitarias en Gaza
A ONU aproba a resolución para establecer pausas humanitarias en Gaza
Israel rexéitaa contundentemente
O Consello de Seguridade da ONU aprobou este mércores a resolución para establecer pausas e corredoiros humanitarios en Gaza. Isto co obxectivo de que poida entrar a axuda humanitaria necesaria para satisfacer as necesidades básicas dos habitantes que se atopan na Franxa.
Ademais, no texto chámase a liberación inmediata dos reféns tomados por Hamas, mais non se condenan explicitamente os ataques do grupo islamista. Un feito que enfada os EUA, o Reino Unido e Rusia, únicos países en absterse da votación. Polo iso, todos os estados votaron a favor.
Con todo, Israel rexeita esta resolución. O embaixador israelí ante a ONU, Gilad Erdán, pronunciouse sobre isto negativamente na rede social X (Twitter), afirmado que a medida "está desconectada da realidade e carece de sentido". Engadiu que era "vergonzoso" que o Consello non condene o masacre do 7 de outubro que Hamas levou a cabo.
"Israel seguirá actuando ata que Hamas sexa destruído e os reféns, devoltos", sentenciou.