A realidade virtual permite viaxar polo Portomarín asolagado hai 60 anos

O proxecto Galiverso recreou a vila a partir de testemuños e de máis de 40.000 fotografías

Veciños e visitantes poderán gozar da experiencia no pazo do Xeneral Paredes

G24.gal 04/11/2023 13:56 Última actualización 04/11/2023 18:08

En 1963 a antiga vila de Portomarín quedou para sempre baixo as augas do encoro de Belesar e só algúns edificios foron trasladados á nova localización. Un legado histórico asolagado pero que agora é posible visitar grazas ao proxecto Galiverso, da Consellería de Cultura.

As lentes de realidade virtual permiten viaxar no tempo. Un equipo de especialistas traballou con máis de 40.000 fotografías da época e cos testemuños da xente máis vella para que se poida realizar o paseo por rúas que xa non existen.

Para a veciñanza que lembra os tempos de antes do encoro e que colaboraron no proxecto supón unha emoción engadida poder volver visitar os lugares da súa xuventude.

As persoas que pasan pola vila tamén poderán gozar da experiencia no pazo do Xeneral Paredes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar