A rede desarticulada en Pontevedra tiña máis de dous quilos de cocaína e case mil oitocentas plantas de marihuana

Hai seis detidos da Cañiza, Salceda de Caselas e Tomiño

Plantas de marihuana incautadas
G24.gal 01/12/2023 21:02 Última actualización 01/12/2023 21:25

A operación policial desenvolvida a comezos desta semana no sur da provincia de Pontevedra logrou desarticular unha rede dedicada á preparación, cultivo e distribución de marihuana, cocaína e haxix en Galicia e Portugal, segundo informou a Garda Civil.

Tras unha longa e complexa investigación, na que participou a Garda Civil e a Policía Nacional, os axentes detiveron seis persoas con idades comprendidas entre os 27 e 67 anos, residentes na Cañiza, Salceda de Caselas e Tomiño e rexistráronse tamén cinco inmobles nesas mesmas localidades.

Neses rexistros incautáronse de 2,2 quilos de cocaína, 1.789 plantas de marihuana, 30 quilos de gromos de marihuana e 3,1 quilos de haxix, ademais de tres básculas de precisión, catro vehículos e 370 paquetes de tabaco de contrabando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade