A UE avala baixar a 17 anos a idade para conducir en caso de ir acompañado

Sempre que se faga acompañado dun adulto de 24 con polo menos cinco anos de carné

A medida prohibe que o acompañante perdese o carné nos cinco anos previos

G24.gal 05/12/2023 14:16

Os ministros de Transportes da UE acordaron novas normas de seguridade viaria. Entre elas, poder comezar a conducir dende os dezasete anos sempre que se faga acompañado dun adulto de 24 con polo menos cinco anos de carné.

A medida prohibe que o acompañante perdera o carné nos cinco anos previos e prevé que o condutor, con dezasete, só poida circular no país da súa emisión. 

Cumpridos os dezaoito, os condutores noveis xa poderían circular sós. A medida aínda terá que negociarse co Parlamento Europeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade