A Xunta reclama a Endesa un plan que manteña todo o emprego para as auxiliares da central das Pontes

Os sindicatos piden que o documento contemple unha saída laboral para 80 operarios

G24.gal 31/10/2023 22:55

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reclamou a Endesa que presente outro plan de emprego que cubra a totalidade dos aproximadamente 80 traballadores de empresas auxiliares da central térmica das Pontes (A Coruña),  cuxos contratos finalizan o próximo 30 de novembro.

Os sindicatos piden que o documento contemple unha saída laboral para os 80 operarios. 

Este martes celebrouse en Santiago unha nova xuntanza da mesa para o impulso da actividade económica nas Pontes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade