Anne Senosiain: "Os minutos do segundo tempo foron os mellores da temporada"

A xogadora do Celta amosouse amolada pola nova derrota na Liga Feminina

G24.gal 04/11/2023 09:33 Última actualización 04/11/2023 10:23

A pesar da melloría tras o paso polos vestiarios, ao conxunto vigués segue resistíndoselle o primeiro triunfo do curso. O rival, o Araski, chegaba coas mesmas necesidades e lastrou as viguesas cunha nova derrota, que as afirma na parte baixa da clasificación. Ao remate do encontro falou co Galicia en Goles Anne Senosiain.

"Estamos amoladas porque creo que fixemos unha moi boa segunda parte, tras un inicio complicado. Creo que os minutos dese segundo tempo foron os mellores da temporada, tanto defensivamente como ofensivamente. Elas tamén buscaban a primeira vitoria, foi un partido de moita tensión, de moitos contactos. A liga ten este nivel e temos que competir así, as vitorias chegarán".

O enfrontamento do equipo olívico co vasco estivo enmarcado dentro dun Galicia en Goles con especial cobertura á sexta xornada da Liga Feminina de baloncesto, na que tamén se contaron as vitorias de Uni Ferrol ante Bembibre e a do Ensino a domicilio en La Seu D´Urgell.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar