Ata sete galegos son candidatos aos Goya

Entre outros, Álvaro Gago e María Vázquez optan ao Goya grazas a 'Matria'

Unha das candidatas máis destacadas é María Vázquez, polo seu traballo en 'Matria' Unha das candidatas máis destacadas é María Vázquez, polo seu traballo en 'Matria'
G24.gal 30/11/2023 12:41

Os premios españois máis importante do cine, os Goya, dan a coñecer a súa lista de candidatos para a gala 2024 da man dos actores, Luis Tosar e Anna Castillo. Unha lista que contén a sete representantes galegos: Álvaro Gago (mellor dirección novel), Janet Novás (mellor actriz revelación), Xoel López (mellor canción orixinal), María Vázquez (mellor actriz protagonista), a productora Chelo Loureiro (mellor película de animación), Curru Garabal (mellor dirección de arte) e Noé Montes (mellor maquillaxe)

Este ano, a sede encargada de acoller a 38 edición dos premios será a cidade de Valladolid, concretamente no seu recinto feiral. A gala celebrarase o 10 de febreiro de 2024 e terá como encargados de entregar os esperados premios a Ana Belén, Javier Ambrossi e Javier Calvo (Los Javis)

Os vigueses María Vázquez e Álvaro Gago poderían recibir un galardón grazas a 'Matria'

Destaca a actriz María Vázquez, pola súa proposta a mellor actriz protagonista, interpretando na película 'Matria' a Ramona, unha muller que vive nunha aldea galega e que sempre sacrifica todo pola súa filla. Álvaro Gago é o director deste filme, candidato a mellor dirección novel.

Outras candidatas a mellor actriz protagonista xunto con María Vázquez, son: Patricia López ('20.000 especies de abejas'), Malena Alerio ('Que nadie duerma'), Carolina Yuste ('Saben Aquell) e Laia Costa ('Un amor')

'O corno' conta só cunha candidatura

Tras facerse coa Cuncha de Oro no Festival de San Sebastián, o longametraxe dirixido por Jaione Camborda podería conseguir recoñecemento na gala só grazas a Janet Novás, natural do Porriño e candidata a mellor actriz revelación. 

Curiosa a traxectoria desta actriz, que tras unha carreira dedicada á danza pasa a utilizar os seus coñecementos sobre o movemento do corpo para a interpretación. Dálle vida a María, protagonista da película ambientada na vida dos anos 70 na Illa de Arousa.

Outro dos candidatos é o músico coruñés Xoel López 

Xoel podería ser galardoado a mellor canción polo seu tema 'Eco', da película 'Amigos ata a morte', unha comedia gravada en Ourense dirixida por Javier Veiga, tamén galego. 

Galicia tamén consegue representación nas candidaturas a mellor película de animación coa cinta 'O soño da Sultana', coproducida coa participación da produtora galega Chelo Loureiro.

Tamén, Curru Garabal recibe a candidatura a mellor dirección de arte por 'Cerrar los ojos', e Noé Montes é candidato a mellor maquillaxe por 'Valle de Sombras'.

O actor galego Luis Tosar e a actriz Anna Castillo foron os encargados de dar a coñecer a lista de candidatos O actor galego Luis Tosar e a actriz Anna Castillo foron os encargados de dar a coñecer a lista de candidatos

'La sociedadad de la nieve' e '20.000 especies de abejas' coróanse como favoritas

O filme '20.000 especies de abejas', dirixido po Estibaliz Urresola, leva o primeiro chanzo do podio a película con máis candidaturas, cun total de 15. Ségueo non moitos pasos atrás 'La sociedad de la nieve', de J. A. Bayona, con 13. Máis abaixo atoparíanse 'Cerrar los ojos' e 'Saben Aquell', con 11 cada unha. 'Un amor', de Isabel Coixet, cólase tamén entre as favoritas, con 7 propostas.

Noutras categorías, optaría a mellor dirección Victor Erice ('Cerrar los ojos'), Elena Martín ('Creatura'), J.A. Bayona ('La sociedad de l nieve'), David Trueba ('Saben aquell') e Isabel Coixet ('Un amor')

Os candidatos a mellor actor protagonista son: Manolo Solo, por 'Cerrar los ojos'; Enric Aquer, por 'El maestro que prometió el mar'; David Verdaguer, por 'Saben aquell'; Hovik Keuchkerian, por 'Un amor', e Alberto Amman, por 'Upon entry. La llegada'.

Para mellor actriz de elenco estarían Ana Torrent, polo seu traballo en 'Cerrar los ojos'; Ane Gabaraín e Itziar Latzkano, con '20.000 especies de abejas'; Clara Segura ('Creatura') e Luisa Gavasa, por 'El maestro que prometio el mar'.

Como mellores actores poderían levar o busto de Franciso Goya Marcelo Rubino ('20.000 especies de abjeas'), Juan Carlos Bellido ('Bajo terapia'), José Coronado ('Cerrar los ojos'), Àlex Brendemühl ('Creatura') e Hugo Silva ('Un amor')

Así conclúe unha lista de candidatos con sete representantes galegos e dous filmes favoritos sen dúbida ningunha.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade