Catro persoas excarceradas tras un aparatoso accidente en Santiago

O sinistro rexistrouse pasadas as seis da tarde na AC-250, na parroquia da Enfesta

G24.gal 03/12/2023 21:00

En Santiago, catro persoas foron excarceradas tras unha aparatosa colisión entre dous coches. 
O sinistro rexistrouse pasadas as seis da tarde na AC-250, na parroquia da Enfesta.

Os feridos eran incapaces de saír dun dos vehículos polo seu propio pé. Tras seren liberados polos bombeiros, todos foron trasladados a un hospital. O tráfico axiña recuperou a normalidade.

A Garda Civil investiga se a choiva puido ser unha das causas que propiciou o accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade