Celta-Ensino, sen favoritos no primeiro duelo de rivalidade galega
Celta-Ensino, sen favoritos no primeiro duelo de rivalidade galega
O derbi será especial tamén por estar enmarcado nos actos do 25-N
Este sábado a G2 ofrece o Celta Zorka-Durán Maquinaria Ensino. O primeiro duelo de rivalidade galega da temporada. As viguesas acaban de estrearse na oitava xornada.
Unha vitoria fronte as tres do Ensino nestas oito xornadas disputadas. Máis igualdade da que cabía esperar polos diferentes obxectivos dos dous equipos. Iso fai máis atractivo o derbi.
Regina Aguilar: "É unha liga moi competida, todo o mundo pode gañar a todo o mundo".
As protagonistas cren que será un partido competido e igualado
Laia Lamana: "Cada vez xogamos mellor. Vai ser un partido moi bonito de ver".
O derbi será especial tamén por estar enmarcado nos actos do 25-N, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.