O servizo de farmacia do CHUAC logra a certificación de calidade Q-PEX
O servizo de farmacia do CHUAC logra a certificación de calidade Q-PEX
Unha norma pioneira a nivel mundial coa que só contan oito hospitais en toda España
15 millóns de unidades de medicamentos son as que anualmente move o Servizo de Farmacia do Hospital Universitario da Coruña. Moitos destes envases non chegan a saír do centro, pero cada vez son máis os que se dispensan dende aquí para os pacientes externos que o pasado ano xa foron máis de 14.000.
Segundo a xefa do Servizo de Farmacia Hospitalaria do CHUAC "en cada acto de dispensación revisamos a situación do paciente, efectos adversos non só co que recibe no hospital, senón con outros medicamentos que ten prescritos".
Porque, aínda que o medicamento é o mesmo, os pacientes non. E o reto é conseguir os mellores resultados para cada un deles.
O xefe da Sección de Atención Farmacéutica do CHUAC destaca que "ao longo do seguimento xunto aos médicos se vemos un problema de adherencia intentamos entre todos solucionalo e que o paciente supere estas barreiras a que o medicamento sexa administrado correctamente".
Por todo iso acaban de conseguir a certificación Q-PEX, pioneira a nivel mundial, que sitúa o hospital da Coruña como referente na atención farmacéutica a pacientes externos.