Dando pasos pola candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade
Dando pasos pola candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade
Presentado o manifesto do encontro internacional que acolle o Parador de Santo Estevo
Continúan a darse pasos para revitalizar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. O Parador de Santo Estevo acolleu outra xornada do encontro internacional titulado Paisaxes da auga: unindo o pasado co futuro.
Participan unha trintena de expertos de distintos países, aos que o conselleiro de Cultura agradeceu a súa dedicación para preservar e difundir este territorio tan vinculado á auga. Este martes, presentaron o manifesto da cita, a Declaración da Ribeira Sacra.
"Unha declaración que pretende fixar un discurso expositivo sobre o expediente que terá que presentarse ante a UNESCO para conseguir o recoñecemento da inscrición da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade", resumiu Román Rodríguez.