Denuncian ataques de cans ao gando en Lugo, con perdas de máis de 8.000 euros

Veciños de Labio atribúen a uns mastíns a morte de máis de 40 ovellas e cabras

Félix Aragunde 22/11/2023 19:43 Última actualización 22/11/2023 20:05

Trinta ovellas e trece cabras mortas, ademais doutros tantos animais feridos. Ese é o resultado ata o momento dos ataques atribuídos a uns mastíns por parte da familia propietaria do gando peor parado, residente na parroquia luguesa de Labio.

Segundo denuncian os gandeiros afectados, os mastíns levan tempo atacando as ovellas e mais as cabras que pacen neste lugar do Couto. Afirman que estes cans de gran tamaño non só mataron o seu gando senón tamén o doutros veciños.

Como resultado, os donos dos animais están a sufrir cuantiosas perdas económicas, de máis de 8.000 euros. E, por se fose pouco, aseguran que os mastíns tamén os atacaron a eles mesmos en varias ocasións, e tamén a algún residente máis na zona.

Piden, por tanto, que as autoridades tomen medidas. De non cesaren os ataques, advirten de que podería perigar a viabilidade desta explotación de gando autóctono.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade