Día de compras con ofertas e descontos polo Black Friday
Día de compras con ofertas e descontos polo Black Friday
Moitos clientes aproveitaron a xornada para mercar os agasallos de Nadal
Xornada de moita actividade nas tendas e centros comerciais coma este de Ourense. Chega o Black Friday, con ofertas e descontos que moitos non queren deixar pasar. As compras comezaron para algúns ben cedo, pero foi sen dúbida pola tarde cando se notou unha maior afluencia de xente. Veñen din, por algún produto determinado, outros mirar na procura dalgunha ganga e os máis previsores mesmo adiantar as compras do Nadal.
Nos últimos anos se hai un día marcado para as compras no calendario, ese é sen dúbida o Black Friday, e iso que hai negocios que levan días con ofertas.
"Toda a semana para nós foi francamente boa, pero o certo é que hoxe pola mañá e pola tarde, pois si que é un boom!", conta Iván, da tenda de electrodomésticos Expert.
Porque hoxe hai descontos por todas partes e en todo tipo de artigos.
"É algo que é inevitable, que está totalmente instaurado, a xente estes días está a iso e moitos aproveitan para facer estes días as compras de Nadal. É unha data en que é inevitable facer descontos, iso é así", explica Fernando Bouso, xerente da tenda de deportes Bouso Intersport.
E entre os que se achegan ás tendas, quen máis e quen menos algo atopa.
"A verdade é que si, e con desconto, así que perfecto".
"Vou coa bolsa, xa comprei. Hai que picar un pouquiño porque sae un pouco máis económico".
É un día de compras, pero tamén de máis vendas do habitual para os comerciantes.
"Eu aproveito para mercar abrigos sobre todo, que é o que mais custa".
"Hai xente que vén, compra máis, compra menos... Eu animeime a vir ata aquí, que eu son de Verín".
"Estiven mirando nas web sobre todo para os nenos, aproveitamos estes días cunha porcentaxe sempre se compra algo máis e aproveitamos para vestilos para o inverno".
Medran as vendas, e non só nas tendas físicas.
"Sobre todo esta fin de semana, o venres e mañá, nótase moita afluencia de xente, en tenda un pouquiño máis e en web tamén", apunta Lorena Fernández, da tenda de roupa Trendtantra.
E para aqueles que entraran xa na dinámica das compras estes días lembren que o próximo luns é o Cyber Monday, un día con descontos especiais para as compras que se fan por Internet.