En Barbadás e Toén buscan lotaría escondida e coñecen o seu patrimonio

Os veciños melloran as súas relacións, coñecen as súas parroquias e pode que se convertan en millonarios

G24.gal 07/12/2023 18:15

Curiosa iniciativa en Barbadás e Toén. Nestes concellos de Ourense agochan participacións de lotaría de Nadal que os veciños deben atopar seguindo diferentes pistas.

Compiten con deportividade nun xogo que lles permite mellorar as súas relacións e coñecer a riqueza patrimonial da súa contorna. O obxectivo final é que coñezan os tesouros das súas parroquias.

Un xogo para converterse en millonario ou polo menos afianzar os lazos e as relacións veciñais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade