Guido Pellizzari reforza un Liceo minguado na rotación pola baixa de Bruno Saavedra

O arxentino non poderá debutar de maneira oficial ata o próximo ano

Foto Liceo Hóckey
G24.gal 08/11/2023 13:56 Última actualización 08/11/2023 13:59

O arxentino Guido Elian Pellizzari Oliva (Mendoza, 1992) converteuse en xogador do equipo verdibranco para a tempada 2023/24, aínda que non poderá debutar de maneira oficial ata o próximo ano, xa que o mercado de fichaxes non se abrirá ata o 15 de decembro.

Pellizzari reforza unha rotación mermada pola baixa de longa duración do lesionado Bruno Saavedra, operado dunha fractura de escafoides, cuxos prazos de recuperación oscilan entre os catro e cinco meses, polo que non volverá vestirse de curto ata marzo do próximo ano, polo menos.

Pellizzari xogou unha tempada no Vendrell (2018/19) e dous máis no Calafell (2019-21), cun saldo de 21 goles en 85 partidos. Posteriormente, militou dúas tempadas no Saint-Omer (2021-23), con 34 tantos en 47 partidos, ademais de celebrar cinco títulos: dúas ligas, unha Copa e dúas Supercopas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar