O acordo por Doñana inclúe o investimento de 1.400 millóns de euros para 14 localidades da contorna
O acordo por Doñana inclúe o investimento de 1.400 millóns de euros para 14 localidades da contorna
A Junta de Andalucía e o Goberno central chegan a un acordo tras dous meses de reunións
Os agricultores dispostos a deixar de cultivar serán compensados con axudas de 100.000 euros por hectárea
Hoxe en Almonte (Huelva) firmouse o acordo por Doñana entre a ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, e o presidente da Junta de Andalucía, Juanma Moreno. Este acordo inclúe o investimento de 1.400 millóns de euros destinados a 14 localidades da contorna do parque nacional.
O Goberno central achegará 350 millóns, sumados aos 356 comprometidos en actuacións medioambientais hai un ano. O Goberno andaluz contribuirá con 700 millóns.
Segundo informaron en conferencia de prensa, os agricultores da Coroa Norte de Doñana que estean dispostos a deixar de cultivar recibirán unha axuda de 100.000 euros por hectárea, que cobrarán en cinco anos, o que supón 20.000 euros anuais.
Desta axuda, a maior parte (70.000 euros) será achegada polo Goberno central, a Junta destinará 20.000 euros da Deputación de Huelva, outros 10.000. O acordo propiciará a retirada do proxecto de lei de regadíos da Junta.
Aqueles que non queiran deixar de cultivar, poderán optar a converter as súas explotacións en cultivos de secaño ou en produción ecolóxica, máis recibirán unhas axudas moito menores.
O presidente da Junta definíao como "Un acordo que protexe e blinda unha xoia natural, que lle pon fin a unha difícil situación enquistada que poñía en risco o sustento de moitas familias da comarca, e que concilia a protección de Doñana co desenvolvemento económico".
Un acordo que se fixo de rogar
Deste xeito solucionase un conflito que comezou en xaneiro de 2022. Por aquel entón, o PP, Ciudadanos e Vox presentaron unha proposición de lei no Parlamento andaluz baseada en facer de regadío 1.461 hectáreas de invernadoiros de fresas cualificadas como secaño en Doñana.
Este plan fixo que se regularizaran unhas 9.400 hectáreas das 11.000 que hai. Algúns agricultores quedaron fóra deste plan, xa que consideraban que a cartografía que se empregou estaba chea de erros. Por isto, reclamaban o seu dereito a formar parte da regularización.
Tras isto, o conflito chegou a ser internacional, pois a Comisión Europea ameazou a España con multas de grandes cifras se a norma andaluza tomaba acción. Tamén, 25 sociedades científicas e a UNESCO pronunciáronse en contra da normativa.
Agora, e tras mais de dous meses e numerosas reunións, o Goberno central e a Junta de Andalucía chegan a un acordo.