O Supremo confirma as penas aos dous principais condenados polos atentados de Barcelona e Cambrils de 2017
O Supremo confirma as penas aos dous principais condenados polos atentados de Barcelona e Cambrils de 2017
O tribunal descarta, ademais, que se vulnerase o dereito das vítimas a coñecer a verdade
O Tribunal Supremo desestimou os recursos de casación interpostos polos dous principais procesados polos atentados do 17-A e por varias acusacións contra a sentenza da Audiencia Nacional que condenou a Driss Oukabir e Mohamed Houli Chemlal como autores dos delitos de pertenza a organización criminal con finalidade terrorista, fabricación e tenza de explosivos coa devandita finalidade e de estragos e lesións imprudentes, e a Said Ben Iazza como cooperador no delito de organización criminal con finalidade terrorista.
A este último estímaselle parcialmente o seu recurso, ao considerar a Sala do Penal do Alto Tribunal que foi cometido por imprudencia grave, polo que a súa condena pasa de 8 anos a 18 meses de prisión. O tribunal descarta, ademais, que se vulnerase o dereito das vítimas a coñecer a verdade.