Pechan os accesos á fervenza do Ézaro polos estragos da auga na pasarela

O Concello de Dumbría aínda ten que avaliar os danos e revisar a estrutura en detalle

G24.gal 17/11/2023 14:59

O tempo dá un respiro e axuda a facer balance do último temporal. Na contorna da fervenza do Ézaro os accesos están precintados porque a pasarela quedou estragada e é moi perigoso achegarse. Pero esta mañá eran moitos os turistas que saltaban a norma para ollar a fervenza de preto no seu esplendor.

Aínda está sen revisar o estado de toda estrutura de madeira e canto máis preto máis risco. A auga arrastrou os últimos metros da pasarela e os restos quedaron sobre as pedras. Xusto no punto onde acaban de poñer un valado novo. O temporal tamén danou os asentos.

O concello de Dumbría aínda ten que avaliar os danos e revisar polo miúdo a pasarela para darlle seguridade. Mentres, traspasar o precinto é unha imprudencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos