Os efectos do cambio climático, principal causa da mortaldade do marisco
Os efectos do cambio climático, principal causa da mortaldade do marisco
Os bancos marisqueiros próximos ás desembocaduras dos ríos son os máis afectados
As mariscadoras temen que se perda a campaña de Nadal
O sector viuse obrigado a cesar a súa actividade pola falta de produto que se estendeu polas rías galegas e agora as mariscadoras temen que se poida perder a campaña de Nadal, a máis importante de todo o ano.
Os expertos cren que o marisco morre polos efectos do cambio climático.
As chuvias torrenciais continuas provocaron importantes caídas da salinidade. Tamén a suba da temperatura da auga está afectando ao marisco. Ademais das precipitacións e a alta temperatura da auga, o descenso da intensidade do vento do norte tamén afecta aos moluscos.
Os bancos que rexistran as taxas máis elevadas de mortaldade son os que están máis próximos á desembocadura dos ríos.