Pouco peixe nos mercados polo temporal

A escaseza dalgunhas especies non está a provocar a suba de prezo das que si chegan á praza

Peixe no mercado de abastos de Santiago
G24.gal 03/11/2023 16:15

O amarre da frota polo temporal durante varios días en moitos portos galegos, está provocando que haxa menos peixe nas lonxas e, consecuentemente, nos postos do mercado. O peixe pequeno chega moi pouco. Iso si, o que chega mantén os prezos.

Por iso no día de hoxe non había a habitual trasfega entre vendedores e compradores nas prazas. Con todo, os peixeiros máis veteranos xa viviron situacións semellantes e descartan que haxa desabastecemento de peixe. 

A escaseza de determinadas especies non está a provocar a suba de prezo das que si chegan ao mercado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade