Prisión provisional para o detido por unha presunta agresión sexual en Burela

A xuíza tomou a decisión tras tomarlle declaración e despois de oír o testemuño da vítima e de coñecidos

G24.gal 02/11/2023 10:59

O home detido por unha suposta agresión sexual en Burela ingresou en prisión provisional tras ser arrestado na madrugada do sábado ao domingo despois de que a agredida presentara a denuncia no cuartel da Garda Civil do municipio.

Tras tomarlle testemuño á vítima e coñecidos os resultados da análise forense, a xuíza decretou o ingreso en prisión provisional do agresor. Ditou tamén orde de afastamento da moza, unha menor de idade á que tamén lle roubaran o teléfono móbil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade