Rexistrado un sismo de 3,1 graos Richter en Muxía

Segundo o Instituto Xeográfico Nacional o tremor tivo lugar ás 6:38 h da mañá

O epicentro situouse a un quilómetro de profundidade, nunha área rodeada polas aldeas de Quintáns, Cebráns, Fumiñeo e Castelo

Imaxe do Instituto Xeográfico Nacional
G24.gal 04/12/2023 08:43 Última actualización 04/12/2023 14:42

A localidade coruñesa de Muxía foi epicentro á primeira hora deste luns dun tremor de terra de magnitude 3,1 graos na escala de Richter que se deixou sentir nos municipios lindeiros. En concreto, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional, o tremor tivo lugar ás 6:38 horas da mañá nunha área rodeada polas aldeas de Quintáns, Cebráns, Fumiñeo e Castelo, a só un quilómetro de profundidade. Os rexistros do IGN apuntan a que o tremor se sentiu, ademais de en Muxía, en zonas de Vimianzo (Baíñas, A Gándara, Caxadas ou Vilaseco, entre outras) e, con menor intensidade, en Cee e Dumbría. 

Imaxe do Instituto Xeográfico Nacional Imaxe do Instituto Xeográfico Nacional
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar