Sánchez e Aragonés reúnense o 21 de decembro no Palau da Generalitat

É o seu primeiro encontro institucional tras a investidura

O presidente da Generalitat, Pere Aragonés, durante unha conferencia de prensa ofrecida tras a reunión extraordinaria do Govern (do 23 de novembro) para acelerar a concreción dos acordos entre ERC e PSOE para a investidura de Pedro Sánchez (EFE/Andreu Dalmau) O presidente da Generalitat, Pere Aragonés, durante unha conferencia de prensa ofrecida tras a reunión extraordinaria do Govern (do 23 de novembro) para acelerar a concreción dos acordos entre ERC e PSOE para a investidura de Pedro Sánchez (EFE/Andreu Dalmau)
G24.gal 30/11/2023 16:40

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o presidente catalán, Pere Aragonés, reuniranse o próximo 21 de decembro nunha cita que terá lugar no Palau da Generalitat, en Barcelona. Trátase do seu primeiro encontro instiucional tras a investidura.

Segundo fontes da Moncloa, no encontro abordaranse "cuestións desinterese común" para ambas partes. Pola súa parte, a Generalitat avanza que a intención de Aragonés e ter un encontro de traballo en que ambos mandatarios aborden cuestións de interese, neste caso, para Cataluña.

Entre as prioridades do presidente catalán atópanse as cuestións que forman parte do pacto entre o PSOE e ERC, como traspaso integral de Rodalies, o financiamento de Cataluña, a resolución do conflito político ou o seguimento deses acordos que facilitaron a investidura de Sánchez. Todo isto segundo fontes do Govern.

E a primeira reunión entre os presidentes que ten lugar logo de xullo de 2022. Este encontro podería ser a antesala dun próximo reinicio da mesa de negociación entre os gobernos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade