Samu Mayo pasa de vilán a heroe no empate do Pontevedra en Avilés

Unha man súa custoulle o gol de penalti no final do primeiro tempo

Marcou cunha cabezada o tanto do empate

G24.gal 29/10/2023 14:52

Samu Mayo converteuse no protagonista do empate entre o Avilés e o Pontevedra (1-1). O centrocampista granate cometeu un penalti no treito final da primeira parte que lle custou o tanto en contra pero marcou ao comezo da segunda metade o gol do empate. 

Foi un bo partido do Pontevedra que puido adiantarse no minuto 33 nunha clara ocasión de Rufo. Avisou Mecerreyes para o Avilés que conseguiu ir ao descanso co gol do ex xogador granate Jorge Fernández. 

Os dous conxuntos gozaron de ocasións para gañar o partido pero o resultado non se moveu. Volve o Pontevedra cunha igualada que o mantén nos postos altos da clasificación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar