Sánchez consegue o aval da militancia para pactar a investidura con outras forzas
Sánchez consegue o aval da militancia para pactar a investidura con outras forzas
O 87,13 % das bases votou a favor e o 11,93 %, en contra
O PSOE e Junts retoman as negociacións tras o desencontro do venres pola amnistía
O Partido Socialista e Junts retomaron as negociacións para a investidura de Pedro Sánchez tras o desencontro do venres. O 87 % da militancia socialista apoia os pactos asinados con Sumar, ERC, Bildu e o BNG.
Nunha consulta na que participou o 63 % das bases, votou en contra algo menos do 12 %. Malia que a pregunta non mencionaba explicitamente a lei de amnistía, o secretario de organización do PSOE cre que os resultados son claros e contundentes e que a investidura está máis próxima.
"Os militantes do PSOE de toda España están con Pedro Sánchez, os socialistas volvemos demostrar que somos o partido con máis democracia interna e exercémola con forza, os afiliados do PP nunca puideron votar os pactos da vergoña con Vox", Santos Cerdán.
O PSOE asinou acordos con Sumar, Bildu, o BNG e ERC. Este domingo o líder dos republicanos advertía, nunha entrevista no xornal El Periódico, que é un pacto de investidura, non de lexislatura.
"Se o Partido Socialista incumpre os acordos, non chegamos a acordos novos que sexan bos para a xente, entón será case imposible que a lexislatura teña continuidade".
De momento non hai acordo definitivo co PNV e tampouco con JUNTS. Os socialistas retomaron as negociacións co partido de Puigdemont tras o desencontro do vernes a conta dos efectos da lei de amnistía pactada con ERC.
En principio semella complicado que o debate de investidura poida celebrarse esta semana como pretendía o PSOE. O prazo para conseguir un acordo e evitar a repetición electoral finaliza o 27 deste mes.