Suspendida a circulación de trens na liña León-A Coruña entre San Clodio e Freixeiro por un desprendemento
Suspendida a circulación de trens na liña León-A Coruña entre San Clodio e Freixeiro por un desprendemento
Segundo trasladou Adif, o desprendemento produciuse durante a madrugada deste martes, sen ningún tren en circulación neses momentos
A liña que une Ourense e A Coruña causa novos atrasos nos trens en Galicia
A circulación na liña León-A Coruña atópase suspendida entre as estacións de San Clodio e Freixeiro, na provincia de Lugo, por un desprendemento que provocou a interceptación da vía e a rotura da catenaria.
Segundo trasladou Adif, o desprendemento produciuse durante a madrugada deste martes, sen ningún tren en circulación neses momentos.
Adif mobilizou os seus equipos, que traballan en despexar de terra e rocas a vía e na reposición de varios vans de catenaria, co obxectivo de restablecer a circulación canto antes neste tramo de vía única. Pola súa banda, Renfe estableceu un plan alternativo de transporte por estrada para garantir a mobilidade dos viaxeiros afectados.