Cargando resultados...
'O que hai', arte atrapada nun proceso de demolición económica e cultural
'O que hai', arte atrapada nun proceso de demolición económica e cultural
Mar Ramón, Carlos Ardid, Stefana Román e Julio Catalán, catro artistas con cadansúa linguaxe e algo en común
Unha mostra aberta ata febreiro na Fundación Laxeiro de Vigo
G24.gal
13/11/2023 15:43
Última actualización 13/11/2023 17:29
"É o que hai", unha frase que se repetiu ata a saciedade nos tempos da crise do 2007, dálle o título a unha exposición de novos creadores na Fundación Laxeiro. Son catro artistas, fillos da precariedade, que teñen en común os obxectos atopados, as materias diversas e o cotián como práctica artística.