A vacinación contra a gripe e a covid comeza unha nova fase este luns

Pasa de administrarse nos grandes recintos aos hospitais e centros de saúde

Sanidade fai un chamamento para vacinarse antes de que remate o ano

G24.gal 10/12/2023 14:05 Última actualización 10/12/2023 14:28

Este luns 11 de decembro comeza unha nova fase da campaña contra a gripe e a covid. A vacinación deixa de facerse nos grandes recintos habilitados nas últimas semanas. Ata o 31 de decembro, a inmunización farase só en centros de saúde e hospitais e con cita previa.

No caso da gripe, segundo os últimos datos do Sergas, case 572.000 maiores de 60 anos recibiron xa a vacina, o que supón o 64 % da poboación diana. No caso dos menores de cinco anos, a taxa de cobertura é do 40 %.

Os nenos que non se vacinaran da gripe van ter unha segunda oportunidade, ben a través de chamamentos individuais por parte do seu pediatra, ben acudindo ao seu hospital de referencia na próxima fin de semana, do 16 ao 17 de decembro.

Sanidade reitera o chamamento a vacinarse antes de que remate o ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade