Cargando resultados...
A vítima pide para Dani Alves 12 anos de cárcere por agresión sexual
A vítima pide para Dani Alves 12 anos de cárcere por agresión sexual
A solicitude de pena de prisión da acusación particular é superior á de Fiscalía
G24.gal
05/12/2023 16:01
Última actualización 05/12/2023 16:04
A acusación particular exercida pola moza que denunciou ao futbolista Dani Alves, ao que acusa de agredila sexualmente no lavabo dunha discoteca de Barcelona o pasado mes de decembro, solicita para o deportista unha condena de 12 anos de prisión.
A letrada Ester García, que exerce a defensa da vítima, reclamou para o xogador dita pena de fronte ao xuízo que se celebrará na Audiencia de Barcelona contra o deportista, segundo confirmaron a EFE fontes xurídicas.
A solicitude de pena de prisión da acusación particular é superior á de Fiscalía, que xa presentou o seu escrito, no que solicitaba 9 anos de cárcere para Alves.