A Xunta reclama un fondo nacional para rehabilitar centros educativos

O conselleiro do ramo, Román Rodríguez, remitiulle este semana unha carta á ministra Pilar Alegría

G24.gal 02/12/2023 14:28 Última actualización 02/12/2023 14:47

A Xunta quere que o Goberno central deseñe un plan nacional de mellora das infraestruturas educativas. Esta semana o conselleiro de Educación remitíalle unha carta á ministra Pilar Alegría para solicitarlle a creación dun fondo de cooperación coas comunidades autónomas para rehabilitar os centros educativos. 

"O que queremos é que neste caso o Estado, o Goberno de España, a través dos Fondos europeos deseñe un proxecto, deseñe un plan que axude as comunidades autónomas, que axude a Galicia neste caso, a ter os centros educativos no mellor estado posible, desde a perspectiva de confort, de eficiencia enerxética e de sostibilidade, tamén para adecualos ás novas tendencias pedagóxicas", di Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades.

A Xunta conta con arredor de 1.600 edificios para uns 1.000 centros educativos, moitos deles con máis de 40 anos de antigüidade, que precisan de obras de mellora e rehabilitación, coma este da Estrada. 

"Estamos a falar de que desde a aprobación do Plan de arquitectura pedagóxica levamos investidos arredor de 300 millóns de euros, este esforzo investidor facémolo só con fondos da Administración autonómica", engade.

A Xunta leva xa executadas algo máis de 1.370 obras de mellora no marco do Plan de nova arquitectura pedagóxica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade