Acouga, un hotel de Celanova premiado pola súa rehabilitación arquitectónica
Acouga, un hotel de Celanova premiado pola súa rehabilitación arquitectónica
O proxecto de recuperación da estrutura orixinal dun edificio centenario foi realizado polo estudio Mol Arquitectura de Ourense
Recibiu o premio Gran de Area do Colexio de Arquitectos de Galicia e o de Intervencións na Paisaxe da Fundación Juana de Vega
O Acouga Hotel Boutique conta con 12 cuartos e está no centro da vila a carón do mosteiro de San Salvador
E os que desexen coñecer a vila histórica de Celanova poden aloxarse nun hotel que conta con varios premios de arquitectura. É un inmoble situado a carón do mosteiro de San Salvador e da capela mozárabe de San Miguel. Está considerado todo un exemplo de rehabilitación arquitectónica.
"O reto foi que era unha edificación moi transformada, moi mutilada, con edificacións e cubertos anexos no patio e poder recuperar o espírito orixinal", explica o arquitecto Juanjo Otero
"Saber que a xente que vén aquí queda moi satisfeita para nós ese é o maior premio", asegura a arquitecta Cecilia López Muíños.
Con moito respecto, o estudio Mol Arquitectura conseguiu realizar unha intervención na que o fío condutor foi a bioconstrución e o uso de materiais de quilómetro 0. Con madeira de castiñeiros e piñeiros galegos e moldeada por artesáns locais.
Un equilibrio entre arquitectura tradicional e funcionalidade, pero nestas paredes a poesía e os poetas de Celanova tamén teñen o seu espazo propio.
"É unha casa chea de memoria. Creo que é un empurrón para que a xente veña e que coñeza as terras de Celanova e que teña un sitio, unha casa en que acollerse", di Luz Borrajo, a xerente do Hotel Boutique Acouga.
Conta con doce cuartos e desde algún pódese gozar das vistas do mosteiro de San Salvador e a capela mozárabe de San Miguel. É un exemplo de rehabilitación, premiado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Fundación Juana de Vega.