Cargando resultados...
Catro persoas excarceradas tras un aparatoso accidente en Santiago
Catro persoas excarceradas tras un aparatoso accidente en Santiago
O sinistro rexistrouse pasadas as seis da tarde na AC-250, na parroquia da Enfesta
G24.gal
03/12/2023 21:00
En Santiago, catro persoas foron excarceradas tras unha aparatosa colisión entre dous coches.
O sinistro rexistrouse pasadas as seis da tarde na AC-250, na parroquia da Enfesta.
Os feridos eran incapaces de saír dun dos vehículos polo seu propio pé. Tras seren liberados polos bombeiros, todos foron trasladados a un hospital. O tráfico axiña recuperou a normalidade.
A Garda Civil investiga se a choiva puido ser unha das causas que propiciou o accidente.