Dous homes mallan a paus un taxista de Redondela

Minutos antes, o taxista rifara cunha muller que estaba mal estacionada na parada

Usaron paus con púas para agredilo e precisou atención hospitalaria

G24.gal 15/11/2023 14:19

Os feitos sucederon na tarde do luns, despois de que o taxista rifara cunha muller que tiña mal estacionado o coche nunha parada de Chapela, en Redondela.

"Recrimineina para que quitase o coche da parada e, aos dez minutos, chamou dous parentes que viñeron con paus e púas de metal, non me mataron de milagre", relata a vítima.

O taxista foi trasladado ao hospital en ambulancia. A consecuencia da brutal malleira puxéronlle trece puntos de sutura na fronte. 

"Sorte que un mozo me botou unha man, viñan matarme, se chego a perder o coñecemento no primeiro golpe, morro".

Despois foi denunciar os feitos ante a Policía Nacional de Redondela, que anda na procura dos agresores. Mentres continúa a investigación, o taxista pide máis presenza policial na zona.

"A ver se a alcaldesa fai algo e manda máis presenza policial, que pasen e multen a xente. Non quero vir con medo traballar todos os días".

Está farto, di, de que os condutores ocupen o vao dos taxistas para aparcar, pero nunca imaxinou que puidese acabar no hospital por unha discusión de tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade