Entra en vigor o novo regulamento das axudas á dependencia

Redución da burocracia e axudas económicas mentres os afectados agardan polos servizos solicitados son algunhas das novas medidas

Centro de maiores Centro de maiores
G24.gal 09/11/2023 11:18

Hoxe entra en vigor o novo regulamento de axudas á dependencia, concedido pola Xunta de Galicia.

Algunhas das novidades son: a redución do número de papeis que se teñen que entregar para conseguir a axuda (só é necesario un informe médico e un social) e a concesión automática dunha prestación económica, mentres non se dispón do servizo solicitado.

Segundo a Consellería Política Social, estas novidades dotan de maior velocidade a resolución dos procedementos. A súa vez, danse máis facilidades para xustificar os pagamentos de bonos a residencias, centros de día ou axuda no fogar.

A presentación das solicitudes farase a través da sede electrónica da Xunta ou de forma presencial no rexistro.

Para o próximo ano prevese un novo avance: como anunciou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda no pasado mes de outubro, porase en marcha un bono de 5 000 euros para os usuarios destas axudas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade