Evacúan parte dunha residencia de maiores en Oleiros ao detectarse un incendio

O incendio produciuse ao arderen varios electrodomésticos do inmoble

Os residentes foron trasladados a outra parte da residencia para evitar danos persoais

G24.gal 27/10/2023 14:25

Varios usuarios dunha residencia de maiores da localidade coruñesa de Oleiros tiveron que ser evacuados a outra zona das instalacións tras rexistrarse un incendio que afectou varios electrodomésticos. Foi un particular o que alertou aos xestores de emerxencias sobre as 10:30 horas deste venres, asegurando que se estaba desaloxando aos residentes ao haber un incendio no inmoble.

Deuse aviso ás urxencias sanitarias, así como tamén aos Bombeiros de Arteixo e da Coruña, e ao Servizo de Emerxencias e á Policía Local de Oleiros. Unha vez extinguido o lume e realizadas as tarefas de ventilación, os residentes puideron regresar, sen rexistrarse danos persoais.

Arde unha cociña en Paderne

Sobre as 12:00 horas deste venres, un particular avisou o 112 Galicia sobre o incendio que estaba a ter lugar na cociña da súa vivenda, en Paderne, A Coruña. Deuse aviso aos Bombeiros de Betanzos e á Garda Civil, cuxa actuación impediu que o lume se propagase á planta superior da casa. O primeiro andar quedou completamente afectado polo fume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade