Feijóo di que o PP é o único partido que non pacta cos que queren "destruír" a convivencia

O líder do PP arremeteu contra os pactos do PSOE cos partidos que apoiaron a investidura de Pedro Sánchez

Feijóo clausurou o Congreso do PP de Asturias, onde Álvaro Queipo foi proclamado presidente da formación
 

G24.gal 18/11/2023 21:14 Última actualización 18/11/2023 22:07

"Agora tócanos a nós ser o único partido que non está disposto a pactar cos que queren destruír a convivencia e a Constitución, a igualdade e o Estado de dereito. Vale a pena máis ter dignidade e non ter goberno que perder a dignidade polas ansias do poder", di o líder do Partido Popular.

Na clausura do Congreso do PP de Asturias, Núñez Feijóo arremeteu contra os pactos do PSOE cos partidos que posibilitaron a investidura de Pedro Sánchez.
 

"Esta España ao revés na que Bildu escribe a historia democrática do noso país, esta España ao revés en que os delincuentes se autoamnistían non vai durar sempre", afirmou.

Dixo que o PP vai liderar a alternativa da España constitucional. E animou o partido a traballar día a dia para vencer con "máis contundencia nas urnas", empezando cunha vitoria nas autonómicas galegas.

 

"No ano 2024 haberá eleccións en Galicia, que nos volverá dar a primeira alegría do ano 2024 a todos os que cremos que Galicia é unha nacionalidade histórica, onde ser galego é a forma de ser español. Moitas grazas Alfonso sei que o vas conseguir", concluíu Feijóo tras a proclamación de Álvaro Queipo como novo presidente do PP de Asturias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade